Novas

Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de abril de 2020


Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa "O Lar das Letras" 
[Programa III] [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)] 

Sexto programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), nesta ocasión facemos un Especial XIII Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol comezando coas proclamas e o manifesto, seguido dun breve monográfico, logo unha entrevista a Juán Carlos Valle "Karlotti" e a Guillermo Ferrández, ambos fundadores da Semana da Poesía Salvaxe. Continuamos este especial con a sección A Palabra Encarnada, con poemas de Antonio Origuela, Eugenia Sanmartín, Roger de Flor, Fefi, Estevo Creus, Eli Z, Lucía Aldao, Lupe Ces, Helga Méndez, Loreto de Castro, Miguel Costoya, Xurxo Gago, Eva Veiga, Víctro M. Diez, Suin Al, Carlos d'Abreu e Juán Carlos Valle "Karlotti". Despois dos e das poetas temos a sección Que Ler e finalizamos coa sección habitual de O Parnaso Ártabro cos poemas de integrantes do noso Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción). Acompañamos este programa coa música de Manolo Bacallau, Roger de Flor, Paco Ibañez, Eugenia Sanmartín e Chicho Sánchez Ferlosio. Medre a Poesía Salvaxe! Medre a Primavera!

 
 [Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida] 

Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa "O Lar das Letras" [Programa V] [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)]


Quinto programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), con poemas, músicas, relatos, sección científica e outras sorpresas. Feito no confinamento nestes días duros e difíciles que estamos a vivir. Este programa nace co obxectivo de entreter á xente e así achegar o noso gran de area para o ben de todas e de todos. Este programa Nº5 está dedicado aos máis pequenos e pequenas da casa, para toda a mocidade que precisa da nosa comprensión e agarimo nestes tempos, un programa onde teremos as seccións habituais do Curruncho do Andazo, do Parnaso Ártabro, de Que Ler, seccións dedicadas a elas e a eles, con poemas, contos e música. Acompañamos este programa coa música de Magín Blanco, de Uxía, de Sonárbore, de Al Vila e Helga Méndez. Medre a Poesía! Medren os contos! Medren os nenos e nenas! Medre a Primavera!

 
 [Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida] 

Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa "O Lar das Letras" [Programa IV] [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)]


Cuarto programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), con poemas, músicas, relatos, sección científica e outras sorpresas. Feito no confinamento nestes días duros e difíciles que estamos a vivir. Este programa nace co obxectivo de entreter á xente e así achegar o noso gran de area para o ben de todas e de todos. Este programa Nº4 está dedicado a un Canto á Natureza, onde teremos as seccións habituais do Curruncho do Andazo, do Parnaso Ártabro, de Que Ler, e a sección das Entrevistas, nesta cunha entrevista a Antón de Guizán que nos vai a falar da vindeira iniciativa de Nova Poesía Guitírica, un festival de poesía na rede social Facebook. Acompañamos este programa coa música de Ana Kiro e Xosé Ramón Galloso, de Ana Belén e Milladoiro, de Uxía, de Luar na Lubre e de Mercedes Peón. Medre a Poesía! Medre a Vida! Medre a Primavera!.

mércores, 8 de abril de 2020

 
 [Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida] 

Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa "O Lar das Letras" 
[Programa III] [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)] 

Terceiro programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), con poemas, músicas, relatos, sección científica e outras sorpresas. Feito no confinamento nestes días duros e difíciles que estamos a vivir. Este programa nace co obxectivo de entreter á xente e así achegar o noso gran de area para o ben de todas e de todos. Este programa Nº3 está dedicado a todas e a todos vós para achegar unhas boas doses de entretemento, onde teremos as seccións habituais do Curruncho do Andazo, do Parnaso Ártabro, de Que Ler, e a sección das Entrevistas, esta vez coa colaboración da psiquiatra Mirian Costas González para nos dar unha serie de recomendacións para estes días de confinamento. Acompañamos este programa coas cancións de Eugenia Sanmartín, de Jásper, Navia e Mini, de Berrogüetto e de Sés.

Medre a Poesía! Medre a Vida! Medre a Primavera!

[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]
 
Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa "O Lar das Letras" [Programa II] 
[Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)] 

Segundo programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), con poemas, músicas, relatos, sección científica e outras sorpresas. Feito no confinamento nestes días duros e difíciles que estamos a vivir, este programa nace co obxectivo de entreter á xente e así achegar o noso gran de area para o ben de todas e de todos. Este programa Nº2 está dedicado á figura do Sabio Don Ricardo Carvalho Calero, onde xunto coas seccións habituais facemos a estrea de novas seccións como O Monográfico e As Entrevistas, esta vez a Antonio, Manel e Rubén, integrantes da Asociación Ferrolterra Antiga para nos falar da vida e obra do egrexio ferrolán. Acompañamos este programa coas cancións de 2Nafronteira, A miña Embala, e as cancións dos poemas musicados de Carvalho Calero a cargo de Xosé Luís Fernández Carnicero e Xico Paradelo.

Medre a Poesía! Medre a Primavera!



 [Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]
 
Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.

Programa I de "O Lar das Letras" [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)]

sábado, 20 de xaneiro de 2018


Hai segredos por descubrir
nas mariñas furnas agochadas,
e recunchos e rapadoiras
moreas historias malfadadas.

Hai segredos por descubrir
nas nosas costas salgadas,
sábeno as vellas memorias
e os fondos das nosas augas.

Hai segredos por descubrir
valentes fazañas arriscadas,
bohemias crónicas melancólicas
de pianos varados nas praias.

Hai segredos por descubrir
dos mares das augas bravas,
das mareas metamórficas
e das somerxidas montañas.

Hai segredos por descubrir
de embarcacións naufragadas,
o mar e as súas incógnitas
o mar e as súas ondadas.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao 

mércores, 17 de xaneiro de 2018



atrapar el último vestigio
de deseo en tus ojos

aquel que descansaba ahora
mermado por la rutina
entre sábanas de franela
y pijamas de algodón

despejar la cama del hastío
que nos llevó a dormirnos
sin un abrazo tibio
o un beso liberado

respirar...desperezarse
condenarme a rescatar
los orgasmos olvidados
y las caricias extraviadas

aumentar el ritmo y
olvidar la compostura

liberar de un zarpazo
todos los roces que sacudían
con furia mis caderas
cuando todavía nos amábamos


Poema creado por Mariola Hermida Romero


esta tarde me pesa mucho el corazón

es por la enorme cantidad de vacío
que me tragué sin querer
con el café de máquina de las doce

también me pesan
esta cama
estas paredes

este silencio ártico que me cose la boca

si no vienes pronto, amor
y follamos,

esto terminará en drama.


Poema creado por esther val rodríguez
Foto: esther val

sábado, 13 de xaneiro de 2018

o mar
o mar de alcatrán
o mar de alcatrán baixo un ceo de trebón
o mar de alcatrán baixo un ceo de trebón vaise estendendo sobre
[a praia

o televisor di:
...bla, bla, bla...
... Venezuela...
...bla, bla, bla, bla...

o mar vaise estendendo sobre a praia
como unha lingua que lambe a area salgada
e alí
alí atopa o cadáver
alí atopa o cadáver do neno
alí atopa o cadáver do neno que abala coas ondas

o televisor di:
...bla, bla...
... Cataluña...
...bla, bla, bla, bla, bla...

o corpo morto do meniño abala como arrolado no colo da súa nai
é reclamado polo mar
é reclamado polo mar que se vai estendendo como unha man
como unha man que o trae de volta ó seo materno

o televisor di:
...bla, bla, bla, bla, bla...
...cicloxénese...
...bla, bla...

o cadáver do meniño que chegou á praia cabalgando
cabalgando sobre as ondas ó lombo dunha patera
aboia agora nas augas salgadas, aboia
paira na corrente aboiando coma un peixe morto
como un neno vivo facendo o morto, pero morto
morto como só saben esta-los mortos
e logo
tranquilo, como unha pedriña morta e tranquila
como unha pedriña tan morta como só saben estar os mortos e  
[as pedras
vai caendo ó fondo
ó fondo negro como o alcatrán do mar

o televisor di:
...bla, bla, bla...
... Sálvame Deluxe...
...bla, bla, bla, bla, bla, bla....

o trebón devala sobre a praia
cun estraño silencio
cun silencio estraño como de sangue callado
e as ondas sobre a area
fan o son do silencio
o son da neve no televisor
... shhh... shhh... shhh...

no televisor, a carta de axuste
como un monitor de constantes vitais, di:

... piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...
 
Poema creado por  Andrés C. M. Riveira


mans
mans
todo está nas mans

mans que carrexan baldes de auga
mans que collen outras mans
mans que acariñan facianas vencidas

mans
as mans
todo está nas mans

mans que dan de comer
mans que protexen ó cruza-la rúa
mans que prenden lume para quencer

nas mans
nas mans
todo está nas mans

mans que limpan chapapote
mans que delampan bágoas
mans que sosteñen ó bordo das carricovas

as mans
nas mans
todo está nas mans

mans que entretecen fíos ou vidas
mans amparan dos trebóns
mans que acompañan e non soltan

as mans
as mans

todo

todo está nas mans

Poesía creada por Andrés C. M. Riveira

 

venres, 12 de xaneiro de 2018



Camiñaría con area nos zapatos.

Xa perdín a conta dos quilómetros percorridos,
entre lama, pedras e asfalto xeado
e recordo con detalle milimétrico onde quedaron
os meus zapatos sen vida.


Foi o meu avó quen se deu de conta
da nudez do meus pes,
no preciso momento no que os perdía.


Detivo a súa marcha ao instante seguinte,
quitou as súas vellas botas de cazador
apoiounas nun penedo, e
invitoume a poñelas.


Recordo que chovía
unha choiva morna de verán.

Poema creado por Adelaida Abad Isla




Quero dicir catro cousas
a modo de introdución
deste grupo "Moraima"
e a grafía da emoción.

O presentar este grupo
non e cousa moi doada
teñen aí un ruxe,ruxe
que lles sae do fondo da alma.

As súas letras empuxe
que lles sae do corazón
semellando cancións
na procura de produtor,
se podes hai que escoitalos
sen dubida cho recomendo
sairás marabillado
e sen pagar nin un peso.

Disque son xente normal,
iso a min non mo parece,
para min son xente especial
que pode escribir o que quere,
mais non chegaría o tempo,
para dicir con palabras,
as marabillosas grafía
que de cada un deles saía.

Nacen con moito tesón
son todos grandes poetas
e teñen a gran misión
de espallar a nosa lingua.

O seu nome e "MORAIMA"
na honra do gran poeta
seguirémolos con gusto
e atentos aos seus poemas.

Pois non hai cousa mais fermosa
que un latexo, ou un poema
escrito por un galego
falando da súa terra.

Poema creado por Enrique Rodríguez

luns, 8 de xaneiro de 2018

 

O mellor agasallo non o venden nas tendas;
 nin está nos escaparates,
 non é algo comercial que se ofreza,
 é moito máis, algo que non se merca,
 que está no máis fondo da alma,
 chamado Querenza.    
                                   O`Xurxo



  © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


xoves, 14 de decembro de 2017



 Miguel A. Costoya Rivera

LEVÁDEME

Serei vixía
das marxes onde pousan
os beizos da madrugada...

Levádeme alí
canda o vento queira
levarme ós horizontes
esquecidos.

Deixádeme sen rumbo
nesta mar embravecida
ata que a barca
acabe feita cachos
en sixilo na túa beira.

Levádeme alí,
onde os berros
dos xigantes cantís
esperten
a alma espida,
e destilen os saloucos
de tódalas bágoas
que deixei sementadas
nos cabelos das deusas.

Deixádeme ollando o solpor
coma se de novo nacera.
Disolvéndome nas canles
de tódalas nais da mundo
de tódolos versos da terra.

Corpos destilados
pola luz das estrelas
1fundíndose na noite
respirando suspiros
bebéndose salivas
e humidades
para apagar
a sede da alma;
e se deixar




nos estremecementos
da pel
as marcas dos BICOS ESQUECIDOS...
E os rastros
que se falan
das línguas
golpeándose
entre amasios de beizos
carnosos
buscando
a dozura do pecado.
 
Miguel A. Costoya Rivera

 NOTAS CADUCADAS
 
Podo escribir no anverso desta mesma folla
ou no reverso dunha perna sen dono;
pero prefiro as follas do outono
esas que antes de caer avisan
e póñense vermellas coa vergoña.

Podo cambiar o vello poema
                            -total ninguén o leu -
e poñelo máis rimado co teu nome,
ou engadirlle adxectivos
e tempos distintos
coma se non fora luns
                 coma se fora festivo.

Mais é primavera de outono
e inda non te coñezo...

Levarame tempo cambiar
as follas do vello caderno.

Namentres
seguirei imaxinándote.
                  NON TARDES.

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]