Novas

xoves, 14 de decembro de 2017

Miguel A. Costoya Rivera



 Miguel A. Costoya Rivera

LEVÁDEME

Serei vixía
das marxes onde pousan
os beizos da madrugada...

Levádeme alí
canda o vento queira
levarme ós horizontes
esquecidos.

Deixádeme sen rumbo
nesta mar embravecida
ata que a barca
acabe feita cachos
en sixilo na túa beira.

Levádeme alí,
onde os berros
dos xigantes cantís
esperten
a alma espida,
e destilen os saloucos
de tódalas bágoas
que deixei sementadas
nos cabelos das deusas.

Deixádeme ollando o solpor
coma se de novo nacera.
Disolvéndome nas canles
de tódalas nais da mundo
de tódolos versos da terra.

Corpos destilados
pola luz das estrelas
1fundíndose na noite
respirando suspiros
bebéndose salivas
e humidades
para apagar
a sede da alma;
e se deixar




nos estremecementos
da pel
as marcas dos BICOS ESQUECIDOS...
E os rastros
que se falan
das línguas
golpeándose
entre amasios de beizos
carnosos
buscando
a dozura do pecado.
 
Miguel A. Costoya Rivera

 NOTAS CADUCADAS
 
Podo escribir no anverso desta mesma folla
ou no reverso dunha perna sen dono;
pero prefiro as follas do outono
esas que antes de caer avisan
e póñense vermellas coa vergoña.

Podo cambiar o vello poema
                            -total ninguén o leu -
e poñelo máis rimado co teu nome,
ou engadirlle adxectivos
e tempos distintos
coma se non fora luns
                 coma se fora festivo.

Mais é primavera de outono
e inda non te coñezo...

Levarame tempo cambiar
as follas do vello caderno.

Namentres
seguirei imaxinándote.
                  NON TARDES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por David Fernández Hermida]