Novas

Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xaneiro de 2018



Camiñaría con area nos zapatos.

Xa perdín a conta dos quilómetros percorridos,
entre lama, pedras e asfalto xeado
e recordo con detalle milimétrico onde quedaron
os meus zapatos sen vida.


Foi o meu avó quen se deu de conta
da nudez do meus pes,
no preciso momento no que os perdía.


Detivo a súa marcha ao instante seguinte,
quitou as súas vellas botas de cazador
apoiounas nun penedo, e
invitoume a poñelas.


Recordo que chovía
unha choiva morna de verán.

Poema creado por Adelaida Abad Isla

xoves, 11 de xaneiro de 2018



Desexos para un irmán

Que nunca teñas que pedir esmola, 
que tampouco teñas que pedir pan, 
que nunca che boten da propia casa,
 que nunca che rouben o teu chan.

Que xamais che arrinquen da túa terra, 
ou que teñas que fuxir a outro luar.
Que ninguén provoque nunca máis guerras
 nin existan armas para matar.

Que non teñas que estar mirando o ceo 
a ver cantas bombas poderán tirar
nin teñas nunca que sentirche preso,

nin tampouco haxa obriga de migrar 
onde, nin tan sequera tes acceso,
 nin de nunca xa poderás voltar.

Poesía creada por  Miguel A. Costoya Rivera

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]