Novas

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Desexos para un irmán (SONETO)



Desexos para un irmán

Que nunca teñas que pedir esmola, 
que tampouco teñas que pedir pan, 
que nunca che boten da propia casa,
 que nunca che rouben o teu chan.

Que xamais che arrinquen da túa terra, 
ou que teñas que fuxir a outro luar.
Que ninguén provoque nunca máis guerras
 nin existan armas para matar.

Que non teñas que estar mirando o ceo 
a ver cantas bombas poderán tirar
nin teñas nunca que sentirche preso,

nin tampouco haxa obriga de migrar 
onde, nin tan sequera tes acceso,
 nin de nunca xa poderás voltar.

Poesía creada por  Miguel A. Costoya Rivera

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por David Fernández Hermida]