Novas

Amosando publicacións coa etiqueta Adelaida Abad Isla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adelaida Abad Isla. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de abril de 2018



REDEIRAS DE SEU

Entre os seus dedos
curtidos polo frío, o mar e o vento
alóxanse firmes os fíos
que con destreza manexan
unindo as súas crebadas fibras,
dando vida de novo
a quen a morte recolle.
Afánanse a cotío
entre a solaina, entre a chuvia,
son fieis á súa costura;
cada puntada unha peza caída.
Entre os seus dedos
curtidos polo frío, o mar e o vento
agochan os seus desvelos
na espera que cheguen ó porto
novas redes, novos bríos.
A vida e a morte
separadas por unha rede
de finísima fiada
cas cores de terra firme.
Entre os seus dedos
curtidos polo frío, o mar e o vento
tecen nun círculo concéntrico
ata deixar unidas
en puntada veloz e certeira,
soños, fame, anhelos,
pais e fillos.
Entre os seus dedos
curtidos polo frío, o mar e vento
recuperan do esquecemento
un labor de entrega á espera perpetúa
sen tempos no calendario.
Entre os seus dedos
curtidos polo frío, o mar e o vento
ofrecen a súa vida ó amor de seu.
Entre os seus crebados dedos...

Poesía creada por Adelaida Abad Isla
[I Premio no XI Certame de Poesía de Mugardos (A Coruña)]

venres, 12 de xaneiro de 2018



Camiñaría con area nos zapatos.

Xa perdín a conta dos quilómetros percorridos,
entre lama, pedras e asfalto xeado
e recordo con detalle milimétrico onde quedaron
os meus zapatos sen vida.


Foi o meu avó quen se deu de conta
da nudez do meus pes,
no preciso momento no que os perdía.


Detivo a súa marcha ao instante seguinte,
quitou as súas vellas botas de cazador
apoiounas nun penedo, e
invitoume a poñelas.


Recordo que chovía
unha choiva morna de verán.

Poema creado por Adelaida Abad Isla

xoves, 7 de decembro de 2017


O 25 de novembro de 2017 celebrou en Fene un acto testemuñal contra a violencia machista e facundo una chamada especial ás vítimas "colaterais" que a sofren; os menos e as nenas. Organizou o acto A marcha das mulleres de Fene. Unha companheira da organización invitoume a participar lendo os meus poemas sobre a violencia. Foi unha honra poder farelo. 

O primeiro, escribino motivada polo tema obxecto de denuncia este ano; a violencia que sofren os menos e as nenas. O segundo, escribino no Obradoiro de Poesía ao que asistín en Fene os case tres últimos meses. Aquí volos deixo, para unha reflexión.

OS NENOS OLVIDADOS / AS NENAS OLVIDADAS

Unha pelota roda abandoada
o silencio invade o espacio
                                          que se rompe en mil anacos
                                                                            cando un neno berra pola 
                                                                                                              súa nai.

Dous disparos seguidos
presaxian un silencio desgarrador
que ven a continuación.

Todo desaparece.
Todo, 
agás  o desamparo.

Pontedeume-Compostela  
11/11/17-1

MEDO

Medo de saír de noite soa
medo do teu silencio constante
medo dos desprezos que me fas, xa sin pensalos
medo de que regreses e non ter o traballo rematado
medo de que deixes de quererme
medo de non te querer máis
medo da túa man sobre o meu lombo
medo de que os demáis se den conta
medo da rutina silenciosa
medo do mar embravecido
medo de cantar e que non che guste
medo de vivir en soidade
medo de xogar e que non me busques
medo de respirar profundo e sentirme ceive
medo da rúa que me mira
medo da xente que me quere
medo do gusano que me come por dentro
medo de escapar para sempre.

Fene,11/10/17

Obradoiro de poesía; a grafía da emoción.
 Foto - fonte: http://amaxiadosaber.blogspot.com.es/2016/11/dia-da-non-violencia-de-xenero.html

domingo, 26 de novembro de 2017

                                                                               
                                                                                 
                                                                    ADELAIDA ABAD ISLA

diario dun abandono
 
Primeiro a choiva
E outra vez a choiva, sempre a choiva.

Son os meus ollos que choran
as bágoas que xa non me quedan.

Gotas de vida mudada
Son miñas dende a mañá.

Sei que non queres mirarme cando chove
eu procuro mirar sempre cara outro lado
para que non me vexas.

Que tolemia, verdade?

Deste xeito levamos séculos
e xa non nos recoñecemos.
____________________________________________________
                                                                                   ADELAIDA ABAD ISLA
Quérote

Quérote coma a choiva
que molla meu corpo
que empapa o meu corazón, e
bota nas pozas coma unha nena pequerrecha.

Quérote coma a noite
que aperta o meu soño
que mece meus anhelos, e
acolle o recuncho onde se esconde meu sorriso.

Quérote porque te quero
porque non podo deixar de quererte,
ainda que o intento....
pero non quero.

Detéñome e penso
Que non quero deixar de quererte
ainda que o intente,
porque quererte dame
o desexo e o soño e a chuvia
que se deteñen no meu peito.
___________________________________________
                                                                                  ADELAIDA ABAD ISLA
non para de chover
 
Rebota sobre o chan
nun ritmo constante
a choiva
faime cóxegas nos pés.

Golpea a miña fiestra
unha e outra vez
a choiva
sobre a miña alma.

Non cesa de chover.
Cando esté mollada
onde me secarei.

Ti xa non estarás aquí
a choiva si.
---------------------------------------------------------------------
                                                                      ADELAIDA ABAD ISLA
Despois da choiva
 
Despois da choiva
o arco da vella
despois da choiva
o silencio
despois da choiva
nada.

Saír á choiva
Cada gota que cae sobre min
xa non tocará o chan
me fará medrar,
pisar firme.

Dame a túa man,
se queres vir comigo,
mira aos lados,
eu cubrirei todo o demais.
Sairemos antes da choiva,
así non deixaremos
as nosas pegadas.

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]