o mar
o mar de alcatrán
o mar de alcatrán baixo un ceo de
trebón
o mar de alcatrán baixo un ceo de
trebón vaise estendendo sobre
[a praia
o televisor di:
...bla, bla, bla...
... Venezuela...
...bla, bla, bla, bla...
o mar vaise estendendo sobre a
praia
como unha lingua que lambe a area
salgada
e alí
alí atopa o cadáver
alí atopa o cadáver do neno
alí atopa o cadáver do neno que
abala coas ondas
o televisor di:
...bla, bla...
... Cataluña...
...bla, bla, bla, bla, bla...
o corpo morto do meniño abala como
arrolado no colo da súa nai
é reclamado polo mar
é reclamado polo mar que se vai
estendendo como unha man
como unha man que o trae de volta
ó seo materno
o televisor di:
...bla, bla, bla, bla, bla...
...cicloxénese...
...bla, bla...
o cadáver do meniño que chegou á
praia cabalgando
cabalgando sobre as ondas ó lombo
dunha patera
aboia agora nas augas salgadas,
aboia
paira na corrente aboiando coma
un peixe morto
como un neno vivo facendo o
morto, pero morto
morto como só saben esta-los
mortos
e logo
tranquilo, como unha pedriña
morta e tranquila
como unha pedriña tan morta como
só saben estar os mortos e
[as pedras
vai caendo ó fondo
ó fondo negro como o alcatrán do
mar
o televisor di:
...bla, bla, bla...
... Sálvame Deluxe...
...bla, bla, bla, bla, bla, bla....
o trebón devala sobre a praia
cun estraño silencio
cun silencio estraño como de
sangue callado
e as ondas sobre a area
fan o son do silencio
o son da neve no televisor
... shhh... shhh... shhh...
no televisor, a carta de axuste
como un monitor de constantes
vitais, di:
Este poema es una tremenda lágrima cayendo sobre nuestras ocupadas vidas.
ResponderEliminar