Novas

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Día dos usuarios das Bibliotecas

 


Penso que recordarei sempre
un trece de Xaneiro
no que me acheguei á biblioteca
para recoller un premio,
non e premio,  é un agasallo,
ides a me discutir
pero para facer rimas
algo teño que dicir.

Pois eu non son escritor,
nin sequera un mal poeta,
soamente son un señor
que lle mola xuntar letras,
e para xuntar as letras
e moi necesario ler,
outra cousa é comprendelas
e eu estou comezando a facer.

Un libro e coma unha viaxe,
podes ir a onde queiras,
lévate a calquera sitio
sen moverte da banqueta,
con un libro baixo o brazo
non terás medo a ninguén
e nunca máis estarás só
sempre tendo a carón alguén.

Xa pasou o dia de Reis
e non esquezo o sorriso
que amosa a miña neta
despois de abrir os paquetes
e ver que algúns eran libros,
podo dicir dos libros
que son a miña paixón
verme rodeado deles
cáusame unha gran emoción,
emocionarse cun libro
case parece unha parvada
pero xúrovos compañeiros
que para min e cousa sagrada.

E non quero despedirme
sen dar grazas ao concello
por este acto sinxelo
pero cheo de sentimento,
o labor das bibliotecarias
non o apreciamos moi ben
pero para todos nosoutros
e moi digno de agradecer.

E por último, a estes nenos,
que representan o futuro,
mentres eles sigan lendo
hai un mundo mellor, seguro.

Poema creado por Enrique Rodríguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por David Fernández Hermida]