Novas

Amosando publicacións coa etiqueta Violencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xaneiro de 2018


Unha nesta néboa de violencia
agocha ás mulleres maltratadas
que figuran a cotío nas portadas
contempladas con total indiferenza.

O home por historia por herdanza
escribe o seu poder coa maltratada
sempre obediente, a muller, escravizada
sufrindo en corpo e alma a violencia.

Non máis calar, esgotouse a paciencia
é a hora de conquistar plena paridade
e izar a bandeira da decencia.

Construír unha nova sociedade
nos tempos de internete, a nova ciencia,
vivir muller home e en igualdade.

Poesía creada por Emilio Balado Paz

xoves, 7 de decembro de 2017


O 25 de novembro de 2017 celebrou en Fene un acto testemuñal contra a violencia machista e facundo una chamada especial ás vítimas "colaterais" que a sofren; os menos e as nenas. Organizou o acto A marcha das mulleres de Fene. Unha companheira da organización invitoume a participar lendo os meus poemas sobre a violencia. Foi unha honra poder farelo. 

O primeiro, escribino motivada polo tema obxecto de denuncia este ano; a violencia que sofren os menos e as nenas. O segundo, escribino no Obradoiro de Poesía ao que asistín en Fene os case tres últimos meses. Aquí volos deixo, para unha reflexión.

OS NENOS OLVIDADOS / AS NENAS OLVIDADAS

Unha pelota roda abandoada
o silencio invade o espacio
                                          que se rompe en mil anacos
                                                                            cando un neno berra pola 
                                                                                                              súa nai.

Dous disparos seguidos
presaxian un silencio desgarrador
que ven a continuación.

Todo desaparece.
Todo, 
agás  o desamparo.

Pontedeume-Compostela  
11/11/17-1

MEDO

Medo de saír de noite soa
medo do teu silencio constante
medo dos desprezos que me fas, xa sin pensalos
medo de que regreses e non ter o traballo rematado
medo de que deixes de quererme
medo de non te querer máis
medo da túa man sobre o meu lombo
medo de que os demáis se den conta
medo da rutina silenciosa
medo do mar embravecido
medo de cantar e que non che guste
medo de vivir en soidade
medo de xogar e que non me busques
medo de respirar profundo e sentirme ceive
medo da rúa que me mira
medo da xente que me quere
medo do gusano que me come por dentro
medo de escapar para sempre.

Fene,11/10/17

Obradoiro de poesía; a grafía da emoción.
 Foto - fonte: http://amaxiadosaber.blogspot.com.es/2016/11/dia-da-non-violencia-de-xenero.html

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]