O 25 de novembro de 2017 celebrou en Fene un acto testemuñal contra a violencia machista e facundo una chamada especial ás vítimas "colaterais" que a sofren; os menos e as nenas. Organizou o acto A marcha das mulleres de Fene. Unha companheira da organización invitoume a participar lendo os meus poemas sobre a violencia. Foi unha honra poder farelo.
O primeiro, escribino motivada polo tema obxecto de denuncia este ano; a violencia que sofren os menos e as nenas. O segundo, escribino no Obradoiro de Poesía ao que asistín en Fene os case tres últimos meses. Aquí volos deixo, para unha reflexión.
O primeiro, escribino motivada polo tema obxecto de denuncia este ano; a violencia que sofren os menos e as nenas. O segundo, escribino no Obradoiro de Poesía ao que asistín en Fene os case tres últimos meses. Aquí volos deixo, para unha reflexión.
OS NENOS OLVIDADOS / AS NENAS OLVIDADAS
Unha pelota roda abandoada
o silencio invade o espacio
que se rompe en mil anacos
cando un neno berra pola
súa nai.
Dous disparos seguidos
presaxian un silencio desgarrador
que ven a continuación.
Todo desaparece.
Todo,
agás o desamparo.
Pontedeume-Compostela
11/11/17-1
MEDO
Medo de saír de noite soa
medo do teu silencio constante
medo dos desprezos que me fas, xa sin pensalos
medo de que regreses e non ter o traballo rematado
medo de que deixes de quererme
medo de non te querer máis
medo da túa man sobre o meu lombo
medo de que os demáis se den conta
medo da rutina silenciosa
medo do mar embravecido
medo de cantar e que non che guste
medo de vivir en soidade
medo de xogar e que non me busques
medo de respirar profundo e sentirme ceive
medo da rúa que me mira
medo da xente que me quere
medo do gusano que me come por dentro
medo de escapar para sempre.
Fene,11/10/17
Obradoiro de poesía; a grafía da emoción.
Foto - fonte: http://amaxiadosaber.blogspot.com.es/2016/11/dia-da-non-violencia-de-xenero.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario