[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]
Co gallo do confinamento que estamos a vivir, o noso Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción] ten a ben producir e editar un programa Podcast para achegar o seu gran de area para o entretemento de quen a ben queira escoitalo.
Programa "O Lar das Letras" [Programa IV] [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)]
Cuarto programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), con poemas, músicas, relatos, sección científica e outras sorpresas. Feito no confinamento nestes días duros e difíciles que estamos a vivir. Este programa nace co obxectivo de entreter á xente e así achegar o noso gran de area para o ben de todas e de todos.
Este programa Nº4 está dedicado a un Canto á Natureza, onde teremos as seccións habituais do Curruncho do Andazo, do Parnaso Ártabro, de Que Ler, e a sección das Entrevistas, nesta cunha entrevista a Antón de Guizán que nos vai a falar da vindeira iniciativa de Nova Poesía Guitírica, un festival de poesía na rede social Facebook.
Acompañamos este programa coa música de Ana Kiro e Xosé Ramón Galloso, de Ana Belén e Milladoiro, de Uxía, de Luar na Lubre e de Mercedes Peón.
Medre a Poesía! Medre a Vida! Medre a Primavera!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario