JOSÉ EMILIO BALADO PAZ
INDIANOS
A escola de Chamoso
cumple cen anos,
un patio, dúas aulas,
esforzo indiano.
Desde a lonxana Cuba,
modernidade,
vellos tempos de igrexa,
escuridade,
arredaron do ensino
cregos e frades.
Contrataban os mellores,
métodos novos
igualando na escola
ricos e pobres.
Grazas aos emigrantes,
Fene progresa,
son xente solidaria,
xente que pensa.
JOSÉ EMILIO BALADO PAZ
O SEGREL
No Penedo está Sandulfe
en Sandulfe
hai
un segrel
no país de Rosalía
faro
proeiro
ronsel
Un poema, unha cantiga
verbas
con sabor
de mel
Esvelto corpo, galán,
branca camisa
de liño
boina de pano sedán
bigote fino,
moumiño
Mariñeiro que ao drizar
abres rumbos
nos camiños
grazas Don Xosé María
poeta, segrel
amigo.
JOSÉ EMILIO BALADO PAZ
O COLE AZUL
No mundo de Centieiras
Hai unha clase
encantada,
os alumnos son pitufos
as mestres fermosas
fadas
os números, bolboretas
xoaniñas belas
palabras.
Prohibida a violencia
a tolerancia
obrigada
Respectar as diferencias
sempre, as decisións
pactadas
Os brinquedos, son as armas
a munición
as palabras
A verdade, unha bandeira,
no corazón
sempre izada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario