Novas

domingo, 26 de novembro de 2017

María Ortega Cadavid (Misaki)

             
                                                   
                                                            MARÍA ORTEGA CADAVID

QUE FARÁS?

Que farás
se os soños
escápanse
e as ilusións
mátanse?

Que farás,
amigo,
se non loitas
e perdes todo
no camiño?

Que farás
se ves ó teu amor
correr a brazos
doutra persoa?

Que farás,
asasino de bolboretas?

Dime a min:
por que,
se perdes a luz,
non abres os ollos
e miras cara arriba,
onde as estrelas,
para non volver oscurecer
endexamais?

Que farás
se ves
todo ó teu redor
medrar
e ti quedas anano
de espírito?

Que farás,
compañeiro de esperanzas?

Dime a min:
quedarás quieto
cal estatua?

Que farás
cando as túas
lembranzas
esvaézanse
pouco a pouco
e te agarres
a cravos ardendo,
buscando as sobras
dalgún amor pasaxeiro?

Que farás,
soterrador da alma?

Dime a min:
volverás
devastar corazóns
deixando un regueiro
de feridos por amor?

Que farás
se pensas coma un neno
e tes que actuar
coma un adulto?
Que farás,
camarada de xogos de infancia?

Dime a min:
volverás  xogar
coma antes,
coa imaxinación desbocada
e a alma liberada?

Que farás
cando teu ser
morra por fin
por non telo alimentado debidamente
con libros,
música e risas?

Que farás,
paxaro engaiolado?

Dime a min:
non estás
canso xa
de actuar
como queren  sempre os demais?

Qué farás,
se por moito que buscas,
non encontras
un recuncho
en ti
libre de inquedanzas?

Que farás,
músico sen música?

Dime a min:
por que,
en vez de lamentarte
por non ter conseguido nada,
non te levantas
e intentas avanzar
cara a felicidade?

Que farás
cando se esgoten
as bágoas
e  te canses
da autocompaixón?

Que farás,
reloxo roto?

Dime a min:
se todo en ti
se quebra,
e non consigues
continuar
pese ao esforzo,
por que
non acodes
a alguén?

Por que
non acodes a min?

Que farás
cando vexas
a túa vida bailar
tras os ollos
e xa non poidas
solucionar nada?
Que farás,
caixa de Pandora?

Dime a min:
por que
gardas os teus demos
baixo chave
e deixas que
se acumulen
coma se dunha
colección
se tratase?

Que farás
cando toda a ledicia,
toda a dozura
que te adicaban,
se escorra
coma fai unha píntega
entre as rochas?

Que farás,
sol frío?

Dime a min:
que será de ti
senón te arranxas
cando
te quebras ao caer,
senón te queres
volver levantar?

Que farás
cos antaños
feitos enfeitizantes,
deixarás que se borren
como un cadro
baixo a choiva?

Que farás?

Loitarás?

Te deixarás pisotear?
Ai !, amigo...
que farás entón,
cando todo chegue...?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]