Novas

venres, 12 de xaneiro de 2018

Trova ao Colectivo Literario Moraima [A Grafía da Emoción]




Quero dicir catro cousas
a modo de introdución
deste grupo "Moraima"
e a grafía da emoción.

O presentar este grupo
non e cousa moi doada
teñen aí un ruxe,ruxe
que lles sae do fondo da alma.

As súas letras empuxe
que lles sae do corazón
semellando cancións
na procura de produtor,
se podes hai que escoitalos
sen dubida cho recomendo
sairás marabillado
e sen pagar nin un peso.

Disque son xente normal,
iso a min non mo parece,
para min son xente especial
que pode escribir o que quere,
mais non chegaría o tempo,
para dicir con palabras,
as marabillosas grafía
que de cada un deles saía.

Nacen con moito tesón
son todos grandes poetas
e teñen a gran misión
de espallar a nosa lingua.

O seu nome e "MORAIMA"
na honra do gran poeta
seguirémolos con gusto
e atentos aos seus poemas.

Pois non hai cousa mais fermosa
que un latexo, ou un poema
escrito por un galego
falando da súa terra.

Poema creado por Enrique Rodríguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]