Novas

Quen Somos?


O Colectivo Literario MORAIMA [A Grafía da Emoción], nace o 23 de novembro de 2017, na Casa da Cultura de Fene (A Coruña), tras a finalización do Obradoiro [A Grafía da Emoción] organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG], coa colaboración do Concello de Fene e da Deputación da  Coruña e impartido polo gran escritor e poeta Pablo Bouza Suárez.

O obxectivo do noso Colectivo Literario é promover as nosas propias creacións literarias en Lingua Galega; espallar a nosa lingua, a nosa cultura, historia e tradición de maneira solidaria por toda a bisbarra de Ferrolterra.

O fin do noso Colectivo é colaborar con asociacións culturais, con institucións municipais, con centros e residencias de persoas maiores, con hospitais ou centros infantís, ou con calquera outra entidade pública ou privada, para ofrecérenlles a celebración de recitais poético – literarios - musicais en lugares públicos ou privados, en centros sociais ou outros.

Para contactar con nós, correo electrónico clmoraima@gmail.com
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIGAZÓNS DE INTERESE

AS NOSAS WEBS


[Logo deseñado por Ángel Fernández Hermida]