RADIOFUSIÓN:
O colectivo literario Moraima vén de nacer en Fene froito do obradoiro de poesía que nas pasadas semanas
impartiu Pablo Bouza. As persoas participantes decidiron crear este
colectivo de intervención para seguir enganchados á poesía. Xurxo
Miguel Gago é un dos máis entregados na fundación do grupo que se
realizou oficialmente o pasado 23 de novembro na Casa da Cultura de Fene.

Xa teñen avanzado en iniciativas e preparan para xaneiro un
recital solidario de música e poesía. O mestre xubilado, Emilio Balado,
forma parte deste colectivo que subtitulan "A grafía da emoción" como
recordo do obradoiro e de Pablo Bouza co que quedaron encantados.
Henrique Sanfiz, Xurxo Gago e Emilio Balado

Entre os obxectivos de Moraima está a participación poética solidaria, en hospitais, asociacións, residencias de maiores e en canto lugar precisen da súa palabra. Gago. O obradoiro culminou hai unhas semanas coa publicación dun libriño cos poemas dos participantes. Incluense poemas de Matilde Castro, Maribel Serantes, José Pita, Margarita Pérez, Mariola Hermida, Araceli Margareto, Candela Quintía, José Emilio Balado, Adelaida Abad, María Ortega, Mónica Cadavid, Xurxo Gago, Esther Val, Andrés C.M.Riveira, Pablo Bouza e Fina Díaz.
Escoitar Audio:
...
Moitas grazas polas vosas palabras cara mín. Unha fonda aperta
ResponderEliminarGrazas a ti Pablo! ;) Unha aperta
ResponderEliminar