- 42 -
ANDRÉS C.M. RIVEIRA
A Ivo
se puidera
se me deixaras pedirche algo
pediríache que me deixaras amarte, así
tal cal es, co que fuches e serás
coas túas arestas e as túas escuridades
o teu resplandor e as túas mans acolledoras
un debe, ante todo, nestes días fuxir
das palabras poéticas tantas veces escoitadas
en todas as cancións pop das estacións de
[radio
pero tal fuxida non me leva a ningures
senón a todos os teus círculos concéntricos
onde me somerxo como nun bautismo
como unha pedriña caendo ao fondo dun
[estanque
e orante coma un fregués ou un penitente
ergo a ti as miñas mans
e ti condúcesme á salvación
- 43 -
ANDRÉS C.M. RIVEIRA
O Gran Arquitecto
A Ivo
non sei se algunha vez fun catedral
mais a miña cantaría ficaba guindada polo
[chan
os meus cristais embazados de lembranza e
[pena
as miñas candeas minguadas
nunha luz que esmirraba cara a calixe
a música só un resón lúgubre entre as tebras
hedras velenosas medrando dende o adro
de socato, un orante, tal vez un peregrino
empurrando o portón renxendo sobre os
[enferruxados gonzos
clarexou a nave central en entrou no edificio
tremeron as arañeiras e desprendeuse a voaxa
[do teito
semellou como que novas cántigas enchían o
[espazo
nos vans abríronse vidreiras que apuntaban
[horizontes transmutados
e os incensos embriagadores ceibaban volutas
que se erguían até o mesmo ceo en loa
do Gran Arquitecto
as casas arderon
o lume amosaba o trasluz do seu esquelete
unha sombra denegrida loitando por
[agarrarse aos alicerces
- 44 -
dentro, tamén as labaradas transformaban os
[corpos en cinsa
os corpos minguaban como xibarizados entre
[faíscas
vellos do tamaño de nenos
nenos do tamaño de formigas
o fume nos pulmóns convertía a vida
nunha extenuante sucesión de espasmos
ollos apertados con forza
o proído arrincando bágoas que abrollaban
[entre sal
as mans tentando as paredes candentes
[na procura de guía ó aire
os ouvidos rexistrando os berros
[desorientados
o lamber impasible das lumaradas
o bisbar do fume acedo inzando os corpos e
[as casas
logo, só o silencio denso, tanxible
o estupor
e un cheiro indeleble apegado á roupa
mentres os nenos fitan
a tóxica masa plástica
da árbore de Nadal

Ningún comentario:
Publicar un comentario